Bases do concurso

BASES DO 1º CONCURSO DE RELATOS SOBRE LACTACIÓN MATERNA “A FALAR DA TETA”
1.     Poderán participar no concurso todas as nais que residan en Galicia, maiores de idade, que estean aleitando ou teñan aleitado aos seus fillos ou fillas. Non obstante, as nais que residan fóra de Galicia poderán enviar os seus relatos, que serán tratados do mesmo xeito que o resto, pero non optarán aos premios.
2.        As obras estarán  escritas en galego e serán orixinais das autoras.
3.     O tema dos relatos será a experiencia propia coa lactación materna e o significado que esta ten para a autora, debendo entenderse como algo máis que unha fonte de alimento.
4.       Só se admitirá un relato por participante.
5.       Os relatos deberán ter título.
6.     A extensión dos relatos non poderá ser inferior a unha folla DIN A-4 nin superior a catro, por unha soa cara, a dobre espazo e con tipografía Times New Roman de 12 puntos e 2 cm de marxe por cada un dos catro lados.
7.      O prazo de presentación das obras rematará o 31 de agosto.
8.    As obras enviaranse en Word e como arquivo adxunto a afalardateta@gmail.com indicando no “Asunto” da mensaxe “Relato para concurso”. Enviarase tamén como arquivo adxunto a “Folla de inscrición” que se atopará no blog do concurso: http://afalardateta.blogspot.com.
9.     Haberá tres relatos finalistas que recibirán os seguintes premios:
·         3º premio: Agasallo conmemorativo + Agasallo Experiencia (Pack benestar Spa para unha persoa)
·         2º premio: Agasallo conmemorativo + 2 Agasallos Experiencia (Pack benestar Spa para unha persoa e Pack Gourmet Cena e brindis en paradores para dous persoas)
·         1º premio: Agasallo conmemorativo + 2 Agasallos Experiencia (Pack benestar Spa para unha persoa e Pack Estancia en familia para 2 adultos e 2 niños)
Todos os Packs se poderán trocar en distintos lugares de España como mínimo nun prazo de dous meses.
10.  Ademais haberá un Accésit por cortesía de Arkhé Espacio Educativo, consistente nunha tarxeta-agasallo para realizar unha actividade de balde durante dous meses en Arkhé Espacio Educativo, na Coruña.  Dado que o concurso está aberto a nais de toda Galicia, aquelas que queiran optar ao Accésit deberán indicalo na Folla de inscrición. Optar al Accésit non exclúe de optar aos outros 3 premios do concurso, aínda que as gañadoras dos tres premios principais non coincidirán coa gañadora do Accésit.
11.  As autoras dos tres relatos finalistas e mais do Accésit serán informadas persoalmente. Se non son localizadas nin por teléfono nin por e-mail nun prazo razoable, o premio considerarase rexeitado e pasará a outorgarse á seguinte participante máis votada polo xurado.
12.     Todas as participantes se comprometen a estar presentes o día da entrega de premios, en caso de resultar premiadas, correndo a organización cos gastos de desprazamento.
13.  A entrega de premios terá lugar na Coruña durante a celebración da Semana Mundial da Lactación Materna 2011 (finais de setembro/principios de outubro).
14.     En caso de considerarse oportuno, a organización escollerá algúns dos relatos presentados para a edición dun libro e a publicación no blog do concurso, que servirá como ferramenta de difusión dos textos.
15.  A participación no concurso supón a cesión dos dereitos de difusión dos textos a ALMA, Apoio á Lactación Materna, entidade organizadora do concurso, e a FEDEGALMA (Federación de grupos de apoio á lactación materna) para a promoción da lactación materna en toda clase de soportes: publicacións, exposicións, carteis, páxinas web... Sempre que se empregue un relato ou parte do mesmo se citará á autora.
16.   O xurado estará composto por unha representante de FEDEGALMA, unha representante de Arkhé Espacio Educativo e tres integrantes da xunta directiva de ALMA, Apoio á Lactación Materna.
17.     O xurado e a xunta directiva de ALMA, Apoio á Lactación Materna, a excepción das vocais, non poderán participar no concurso.
18.     O seguimento do concurso poderá facerse ao través do blog do mesmo.
19.  A participación no concurso leva implícito o coñecemento e a aceptación destas bases,  así como o criterio de ALMA, Apoio á Lactación Materna en canto á interpretación das mesmas ou á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. As obras que non cumpran cos requirimentos destas bases quedarán excluídas do concurso


Descarga en PDF as bases do 1º concurso de relatos sobre lactanción materna "A falar da teta"