sábado, 18 de junio de 2011

1º concurso sobre lactación materna "A falar da Teta"

Dende Alma, Apoio á Lactación Materna, estamos a celebrar o noso 1º concurso de relatos sobre lactación materna, chamado "A falar da teta".
Neste blog iredes lendo non só algúns dos textos presentados a concurso, senón tamén outros que por diversas razóns non puideron presentarse ao mesmo, pero merecen ter o seu oco neste espazo.
Se queredes presentar o voso relato e compartir a vosa experiencia coa teta connosco, tedes ata o 31 de agosto de 2011 para facélo e participar no concurso.
No seguinte enlace encontrareis toda a información sobre contido, premios, xurado, condicións, etc: Bases do concurso

Aínda que non poidan participar no concurso, compraceranos recibir relatos de nais que vivan fora de Galicia, os que tamén terán o seu espazo dentro deste blog que pretende ser un punto de encontro para as nosas historias da teta.

2 comentarios:

  1. Alma, que precioso blog!

    www.creciendocondavid.com

    ResponderEliminar
  2. Hola Ana,
    muchas gracias por tu comentario. Tu página también es muy interesante.
    Te invitamos a participar en el blog de A FALAR DA TETA con tu historia sobre la lactancia.
    Un beso,
    Lucía

    ResponderEliminar