viernes, 30 de septiembre de 2011

VIDA LABORAL E LACTANCIA. SE SE QUERE, PÓDESE

Son Silvia, o meu relato sobre lactancia materna é de fai uns anos xa que teño dous fillos adolescentes. Quero contárvolo para que a outras nais lles poida servir a miña experiencia.
Darlles o peito aos meus fillos foi unha experiencia marabillosa e compartida coa miña parella, un momento en que o vínculo afiánzase en conxunto. Eu son matrona arxentina e cando daba o peito traballaba facendo gardas de 24 horas, lonxe da miña casiña polo que era moi difícil que me trouxeran ao bebé e non podía deixar a garda porque no paritorio o volume de partos que asistía medraba cada día mais.
No meu país de orixe as baixas por maternidade son de menos de tres meses e nese momento non había hora de lactancia. Así que cando me incorporei a traballar mas arranxaba para sacarme leite como podía e lles dei aos meus fillos 8 meses de lactancia que considero lactancia prolongada pola miña situación laboral. Non tiven gretas nin mastite pero o mellor sacaleites que encontrei foron os meus bebés cando regresaba de cada garda e a axuda da miña mamá que aguantaba para non lles dar o biberón e que eu puidese darlles o peito e sentirme aliviada.
A mensaxe mais importante deste relato é que cando se quere, pódese e se estamos convencidas de que a lactancia é o mellor alimento para o noso bebé non dubidemos en facer todo o posible para poder chegar a unha lactancia exitosa.

Silvia Penedo Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario